Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

Como incluír o teu bebé no seguro de Saúde

Parabéns, mamá! Tes un Seguro de Saúde para a familia, acabas de quedar embarazada e queres incluír os coidados do bebé na póliza familiar. Explicámosche como facelo.

1.- O parto. Terías que asegurarte 8 meses antes do embarazo (é o período de carencia habitual onde as coberturas permanecen inactivas). Así quedarán incluídos os coidados previos durante a xestación e, tamén, o nacemento.

2.- 24 horas. O primeiro día de hospital o bebé está cuberto. Se o aseguras inmediatamente, quedarán eliminados os períodos de carencia. Abonda cunha simple chamada de teléfono.

3.- De 0 a 14 anos. Con estas idades precísanse atencións diferentes ás persoas adultas. Están máis expostos a enfermidades. Para evitalas, hai un Calendario de Vacinas e Revisións periódicas. Durante os primeiros anos, a especialidade de pediatría ocuparase da súa saúde.

Un para todos sen listas de espera

A mellor opción é agregar o teu bebé ao seguro de Saúde Familiar. Unha porcentaxe moi elevada da poboación española goza dun Seguro de Saúde. As súas principais vantaxes son a rapidez nas citas das especialidades e a elección do cadro médico e do centro de asistencia.

A túa saúde é o primeiro, pero a dos teus fill@s está antes.

“Coida o teu corpo, é o único lugar que tes para vivir” (Jim Rohn).