Completo! Todas as caravanas están alugadas

Este verán de “nova normalidade”, as caravanas, autocaravanas e furgonetas camper están sendo unha opción moi demandada. Levas a túa casa enriba e desprázaste cando, onde e con quen queiras. Podes alugar, comprar ou mesmo camperizar a túa furgoneta.

O espazo é reducido, pero con algunhas comodidades que o transforman no teu fogar: fogón e neveira portátil, xa tes a cociña; colchón, xa tes dormitorio, e con sorte é modular co cal che sae un sofá, xa tes o salón; o baño pode ser un luxo, pero non imposible, nin tampouco indispensable… E podes viaxar marcando as túas rutas e os teus tempos, máis lonxe ou máis preto… ti decides a cada momento.

P Para que o seguro funcione debes estacionala en cámpings ou zonas habilitadas para o seu aparcadoiro. Tamén as protexe en desprazamentos e no garaxe.

As garantías inclúen todos os riscos habituais dun coche e moitos extras: incendios por accidentes domésticos, rotura de claraboia ou golpes das ramas no cámping, vandalismo e danos de chuvias, ventos tempestuosos ou corremento de terras.