Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

Para ser condutor de primeira… usa Sistemas de Retención Infantil

“Déixao! Olivia ten case a altura e como imos ao lado, aínda que Koldo sexa un bebé, cólloo nos brazos e enganchámonos os dous co mesmo cinto”.

Segundo os datos estatísticos da DXT, en 2015, 6.545 nenos de 0 a 14 anos estiveron involucrados en accidentes de tráfico tanto en vías interurbanas como urbanas. 25 deles, morreron. A Lei obriga a que os menores de idade con estatura igual ou inferior a 1,35 metros vaian sentados nas prazas traseiras cun Sistema de Retención Infantil (SRI) homologado, e adaptado ao seu peso e á súa estatura, ademais a DXT aconsella levar respaldo ata que midan 150 cm. 

Segundo a Lei de Tráfico e Seguridade Viaria, poden chegar a inmobilizar o vehículo por non levar os nenos correctamente sentados, e multar o condutor por cometer unha infracción grave cunha sanción de 200 euros.

Por que unha Cadeira Infantil?

A utilización adecuada dos sistemas de retención infantil reduce o risco de morte por accidente nun 75% e as lesións nun 90%, paréceche suficiente motivo?

Nós recomendámosche que:

  • Instales a cadeira correctamente coa súa ancoraxe isofix e, no seu defecto, instala a cadeira con firmeza asegurándote de que o cinto non leve dobras, ténsao e axústao.
  • Se vas comprar unha nova cadeira, a normativa cambiou para este ano, comproba que adquires un sistema homologado pola normativa europea. Os elevadores deberán levar respaldo.
  • Protexe a túa familia cos seus sistemas de retención e cun bo seguro. Ten en conta, non só a responsabilidade civil obrigatoria, se non que protexe aos que máis queres coas coberturas de ocupantes e as de asistencia.