01/08/2023

Consorcio de Compensación de Seguros, o colchón “solidario” do teu seguro

Sabías que hai máis de 80 anos o sector asegurador inventou a indemnización para as explosións das polvoreiras da Armada en Cádiz e Alcalá de Henares? Esas indemnizacións págaas o Consorcio de Compensación de Seguros que protexe todo o que unha aseguradora non pode (danos naturais como erupcións volcánicas, os provocados por violencia e os derivados das Forzas Armadas); ou non quere, porque se poden negar a asumir un risco, que sexa moi probable que aconteza pero que é obrigatorio asegurar, como un coche, vello pero potente… Aquí é onde entra o Consorcio de Compensación de Seguros, que é a máxima expresión de “MUTUALIDADE”. Pero ten sempre claro que para cobrar tes ter contratado un seguro, si ou si.

De onde procede o diñeiro?

De todos os nosos seguros. Cada vez que pagamos unha póliza, a parte grosa do pagamento protéxenos e unha pequena cantidade entra no Consorcio para asumir, entre todos, as grandes catástrofes.