Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

O “corredor”: a excelencia do seguro

UNESPA (Asociación Empresarial do Seguro) xunto con ICEA (Investigación Cooperativa entre Entidades Aseguradoras e Fondos de Pensións) están desenvolvendo un Plan para Mellorar a imaxe do seguro e a súa achega na sociedade.

A nosa “correduría”, hai tempo que practica os conceptos de transparencia e claridade entre os nosos clientes. Como?

Con CLARIDADE, que significa explicar as cousas tal como son. Chamámoslle ao “pan, pan e ao viño, viño”. Nunca che ofreceremos un seguro que non protexa o que nos pides. Se non existise, construiremos un á medida. E se, aínda así, é imposible, explicarémoscho e dirémosche que non pode facerse. Preferimos perder un cliente antes que prometerche algo que non podemos cumprir.

Con TRANSPARENCIA, que supón traducir e interpretar a letra pequena dun contrato porque son documentos extensos e difíciles de comprender.

Unha condición sine qua non para abrir unha “correduría” de seguros é a HONRADEZ como predisposición ante a vida. Despois agregamos a FORMACIÓN CONTINUA para encontrarche a mellor cobertura e garantila.

Como expertos en seguros, nós fomos, somos e seremos CLAROS e TRANSPARENTES. Por iso certificamos que un seguro é mellor se vai acompañado dun “corredor.