Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

Corredores: “algo estamos facendo MOI BEN…”

Ollo ao dato! De 90.000 mediadores en España, só houbo 6 denuncias efectivas en 2015. Si é posible!

A Dirección Xeral de Seguros separou as actas de inspección de mediadores e aseguradoras. E, fíxate, o ano pasado só recibiu 44 denuncias novas contra mediadores. Dese total, 30 foron arquivadas porque a denuncia non tiña entidade ou fundamento abondo ou porque se resolveu. Outras 8 denuncias arquiváronse porque non tiñan competencias. E, só 6, continúan a súa tramitación.

 Un produto asegurador é mellor cando vai acompañado dun “corredor”. E como xa sabes, a nosa “correduría”, hai tempo que practica os conceptos de transparencia, claridade e honradez.