02/06/2022

Datos privados, datos protexidos

A Axencia Española de Protección de Datos, presentou o informe de 2021 onde recollía todas as actividades realizadas en todas as súas áreas. Análise das tendencias, exposición de retos presentes e futuros e todos os datos resultantes.

Recibíronse case 14.000 reclamacións, un 35 % máis que en 2020. Realizáronse 25 intervencións urxentes. E realizáronse 264 resolucións que finalizaron nunha imposición de multa; as áreas con maior importe global de multa foron: publicidade, telecomunicacións, entidades financeiras, ficheiros de morosidade, contratación fraudulenta e asuntos laborais, cun total de recadación en todas as áreas de 35.074.800 euros.

A vida On-line, especialmente o teletraballo e as xestións diarias, esixe remedios como un Seguro de Ciberriscos. Protexe a túa Responsabilidade Civil por prexuízos a clientes, provedores (mesmo empregados), e o que é moi importante, protéxete fronte a posibles ataques aos teus sistemas.