07/10/2022

De sufridor a sabio en 3 minutos

Conta un lama tibetano: “os parvos padecen os problemas, os listos resolven os problemas e os sabios preveñen os problemas”.

Medo a morrer ou medo a vivir? Non sabemos cando, pero, aínda que miremos para outro lado, “de aquí non sairá ninguén con vida”. Temos medo á enfermidade, á vellez, a perder os nosos seres queridos.

Agarrámonos a apegos que non nos pertencen, que son efémeros. Pais, parella, fill@s… non son propiedade nosa e debemos aceptalos tal e como son.

Miramos o retrovisor do pasado e cremos que o mellor está por vir. Por que te ergues cada mañá? Para cumprir os teus soños. A vida é un regalo que debemos aproveitar aquí e agora. Cando vivimos da mellor forma posible, o acto máis simple convertémolo nunha obra de arte. Goza cada día, que cada minuto cun ser querido sexa memorable.

Na túa viaxe, atravesarás curvas, costas empinadas, reducirás a velocidade e tamén acelerarás. De ti depende elixir un camiño de plenitude.

Como está o vaso da túa vida: medio cheo ou medio baleiro? Eu prefiro medio baleiro despois de gozar do que bebín e despois de preparalo para degustar o que falta.

Os budistas falan do karma, a lei da acción reacción: o bo xera bondade. Cren no servizo ás persoas.

Que mellor acto de amor para a túa familia que quitarlles un problema e deixar pagado o teu enterro? Un Seguro de Decesos á túa medida ocuparase dos gastos e trámites incómodos mentres a familia cumpre os teus últimos desexos. Estaranche agradecidos por aliviar a súa dor e o seu peto. A máxima dunha vida libre é unha morte libre: libres para vivir, libres para morrer.

En Mafalda, Carlitos reflexiona:

  • Algún día todos estaremos mortos. – Snoopy.
  • Certo, pero todos os demais días non. – Carlitos.

Aprovéitaos!