Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

Demandar a Deus ou a un amigo por un apertón de mans

Xurxo ten 76 anos e Pedro 60. Ambos os dous son amigos, viven en Estados Unidos e están cordos. Aínda así, Xurxo demandou a Pedro por utilizar unha forza desmedida para estreitarlle a man e reclámalle unha indemnización de 100.000 dólares.

Un senador, tamén estadounidense e cordo, demandou a Deus por provocar nefastas catástrofes no mundo. A demanda foi admitida e, posto que Deus non podía presentarse ao xuízo, foron citados representantes de varias relixións e cultos.

Isto parécenos surrealista en España, pero o certo é que cada vez máis reclamamos e ningunha persoa está exenta dunha responsabilidade como a caída dun testo do seu balcón enriba dun coche, actos nosos, d@s nos@s fill@s e/ou mascotas… por iso é importante ter un seguro de Responsabilidade Civil.