Denuncia! Se o banco che fai crer que é obrigatorio contratar un seguro que, enriba, é máis caro

Aconteceunos a 3 de cada 4 clientes cando solicitamos un crédito ao banco. Ese banco de confianza onde gardamos os aforros; o que nos axuda cando necesitamos diñeiro. O director aproba a operación e, antes de asinar, comunícanos que pode mellorar as condicións. Só teriamos que contratar un Seguro de Vida vinculado ao préstamo hipotecario para que a aseguradora pague o diñeiro pendente se acontece unha desgraza e un Seguro de Fogar.

O banco fainos crer que é obrigatorio contratar o seguro con eles, o cal é mentira. Demostramos casos que che poden cobrar ata un 79% máis que calquera compañía do mercado. Normalmente, inclúe coberturas extras que non necesitas realmente e por capitais en moitos casos moi desorbitados que posteriormente non regularizan.

Consúltanos e non aceptes! Dende os Colexios e Organizacións Profesionais, Asociacións de Consumidores e outras institucións xa se denunciaron moitas destas prácticas abusivas da banca. Tamén foron delatadas algunhas entidades financeiras por vincular os préstamos ICO da pandemia con outros seguros.

Revisa e consúltanos. Sabemos como axudarte.