03/07/2023

Descoida, o Seguro do Fogar cóidate

Cada un minuto e 22 segundos róubase unha casa. Moitas persoas cren que non teñen risco de roubo porque non son ricos, ou non viven en chalé de luxo, pero descoñecen que hai máis de 130.000 roubos en vivendas cada ano. O custo medio causado polos danos que fan os ladróns para entrar nas casas suma 1.115 €. Menos mal que o Seguro do Fogar che pagará o importe do roubado, os danos provocados na casa, os gastos de aloxamento e a túa Responsabilidade Civil se lles causas prexuízos a outros.

Aínda que é mellor previr. Non baixes todas as persianas, déixalle a chave a unha persoa de confianza para que dea unha volta de cando en vez. E acende as luces dende calquera lugar do mundo co teu teléfono intelixente (por exemplo, con Google Home). Así, parece que sempre hai alguén dentro.