03/04/2025

Desde que idade pode subir un menor nunha moto? Isto di a lei

Queres levar ao teu fill en moto, pero sabes se é legal? Estas son as normas que debes coñecer:

O primeiro é comprobar que a túa moto estea habilitada para levar pasaxeiro (consulta o permiso de circulación).

A idade mínima legal para levar nenos como pasaxeiros é de 12 anos. Con todo, hai unha excepción: poden viaxar desde os 7 anos se van acompañados por un dos proxenitores, titor legal ou persoa autorizada por estes. Se levas ao fillo dun amigo, mellor contar cunha autorización por escrito.

Lembra que o menor:

  • Debe usar un casco homologado da súa talla
  • Debe poder apoiar os pés nos estribos
  • Nunca pode ir entre o condutor e o manillar

Existen accesorios como asentos adaptados e respaldo que aumentan a seguridade do pequeno.

A lei establece os mínimos, pero a prudencia é responsabilidade túa.

Máis vale previr que lamentar
Política de privacidad

Más información en política de privacidad