Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

Como desgrava o teu seguro de Saúde

2017 é un bo ano para que un autónomo ou empresa obteña un aforro fiscal a cambio dun seguro de Saúde. España dispón dun dos mellores sistemas de Seguridade Social do mundo, pero as incertezas dos últimos anos e as vantaxes da Sanidade privada, propiciaron o crecemento destas pólizas.

Os autónomos, profesionais, freelancers… case non podemos enfermar. Un seguro de Saúde acelera a resolución das nosas doenzas e, de paso, benefícianos fiscalmente.

Como paga un autónomo menos impostos cun seguro de Saúde?

É un gasto deducible para o autónomo e a súa familia, incluídos cónxuxe e fillos menores de 25 anos. Cada persoa desgrava 500 € e, en conxunto, ata un máximo de 4.500 €.

Como o deducen as empresas? 

Os empregados valoran, cada vez máis, as retribucións en especie, sobre todo se coidan o seu benestar. Cando unha empresa protexe os seus traballadores cun seguro de Saúde privado, fai un gasto social que afecta o Imposto de Sociedades. Réstase directamente dos beneficios da empresa, o que propicia un aforro fiscal.

O traballador deberá tributalo na súa declaración da Renda, só se a prima excede os 500 € anuais.

E os particulares? 

En Cantabria poderanse deducir o 5% das cantidades pagadas durante o ano, en concepto de seguros médicos non obrigatorios, tanto propios como das persoas que se inclúan no mínimo familiar.

A pesar dos aforros, o máis importante é a túa saúde, a desaparición dos tempos de espera, a elección de especialista e centro, a segunda opinión…

Se ademais a túa póliza está acompañada de beneficios fiscais, benvida sexa! Pero infórmate antes na nosa “correduría”. Cada caso é distinto e aquí somos especialistas en analizar o teu.