Diario dun Erasmus

Acabo de aterrar no aeroporto e o primeiro que sinto é soidade. Custoume desfacer os abrazos das miñas “persoas favoritas” e sei que os botarei de menos. Estou só, con 100 € no peto e unha tarxeta de crédito que penso racionar.

Por outro lado, confío nas miñas posibilidades. Quero coñecer novas culturas, practicar e aprender idiomas e relacionarme coa xente. Serán certas as festas de 6 días á semana? E os frechazos, os amoríos, os amigos eternos? Farei unha viaxe cada fin de semana?

Medo eu? Ha, ha, ha

Antes de saír, o meu pai dixo: “viaxa con bos libros que eu contrátoche un bo seguro para estudantes no estranxeiro. Non queremos sustos.”

É costume que os estudantes viaxen fóra durante os últimos cursos aproveitando programas tipo Erasmus, Leonardo ou outros intercambios. Pero un accidente, unha enfermidade, un dano a un terceiro, un imprevisto familiar cando estas fóra da casa poden ser moi caros.

Durante a túa grande experiencia formativa no estranxeiro…

É imprescindible ter asistencia médica que pode chegar sen problemas ata 1 millón de € (incluída asistencia psicolóxica e fisioterapia), traslados e estadías do estudante e acompañantes, repatriación, equipaxes, responsabilidade civil, accidentes e cobertura COVID-19. Ademais das anteriores, o noso seguro ESTUDANTE ten garantías específicas como: tratamentos odontolóxicos de urxencia, reincorporación ao curso por traslado sanitario, protección dos teus equipos informáticos e dispositivos, gastos de óptica, gastos de envío de equipaxe ao teu domicilio por traslado sanitario ou indemnización para pagar o curso, indemnización por perda de matrícula, indemnización por perda de clases, imprevisto familiar con repatriación e posterior reincorporación á viaxe de estudos…

Ti só tes que: aprender a valerte por ti mesmo, facer amigos para sempre, aprender outro idioma, vivir e aprender unha cultura diferente, saír de festa, viaxar, completar o teu expediente académico, mellorar o teu currículo, converterte en cidadán europeo e gozar da mellor experiencia da túa vida.

Nós ocupámonos de todo o demais.