08/11/2021

Disney intentou rexistrar o Día dos Mortos, pero… non puido

A película “Coco” de Disney emocionounos a través dunha entrañable historia familiar que transcorre durante o Día dos Mortos en México.

 

Con esta película, Disney quixo rexistrar o nome “Día dos Mortos”. Non habería que pagar dereitos cada vez que calquera mexicano celebrase o Día dos Mortos. Pero si querían facer negocio coa merchandaxe arredor da película baseada nesta festividade mexicana. Finalmente, Disney desistiu do seu intento de “apropiación cultural” e, pola contra, para o proxecto final, conseguiu asesoramento cultural para desenvolver os personaxes, a narrativa e os escenarios axustados á tradición e ás crenzas que xiran arredor do Día dos Mortos.

 

O Día dos Mortos é parte do Patrimonio Oral e Intanxible da Humanidade da UNESCO. E, ben sexa con esta celebración, con “Halloween”, coa “Festa dos Finaos”, dos “Santos”, ou os “Tosantos”, o “Samaín”, ou o “Gaztañerre Eguna”; lembrar con cariño os seres queridos que marcharon, pode ser unha boa ocasión para gozar e celebrar a vida cos que aínda están aquí.