07/03/2022

Dos pés á cabeza

Sabías que non podes conducir con ningunha destas pezas porque te expós a unha multa de 200 €? O Código de Circulación obrígache a “manter liberdade de movementos” ao volante.

Cando subas ao coche nunha mañá fría, acende a calefacción e espera a que alcance os 20 ºC. Un abrigo groso no condutor ou nos nenos da cadeira limitará os vosos movementos, pero, ademais, é máis perigoso; un bebé co abriguiño posto non está tan ben suxeito na súa “cadeira de coche”, fóra abrigo, abrocha o seu cinto e unha mantiña por enriba.

Pero, e que acontece coas luvas? O tecido dalgunhas luvas esvarará ao coller o volante e xeralmente perdes sensibilidade nas mans para manexar o teu coche e regular o cadro de mandos. Segundo informa a DXT, igual acontece co calzado de sola grosa, os pedais non os notas igual e non controlas tan ben a pisada.

A liberdade de movemento, asegurar o campo de visión e o sentido común non só evitará que te multen, senón que protexerás a túa vida, a dos teus e a doutros.