Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

E canto custan os contratempos nas empresas?

E para reflectir a importancia dos Seguros para Empresas ou Seguros Industriais, destacamos os resultados trasladados por UNESPA a través do seu último informe de 2017.

Estímase que as aseguradoras desembolsan uns 1.200 millóns de euros cada ano para resolver os problemas cos que se atopa o tecido produtivo español. E se estes custos tivesen que saír directamente dos nosos petos?

Por outra parte, segundo o noso coñecemento e a nosa experiencia, desgraciadamente aínda existe de forma global nas PEME problemas de seguro; un 40% dos riscos sobre o patrimonio da empresa NON están ben cubertos, o 45% das empresas NON ten cubertos os riscos en relación cos seus equipos humanos, o 19% das necesidades de seguro relacionadas coa Responsabilidade Civil quedan sen cubrir e un 53,3% das empresas descoñecen os custos que lles supoñería unha paralización da súa actividade ou o non pagamento dos seus clientes.

A clave está en contratar exactamente o que a túa empresa necesita, atendendo especialmente os riscos máis probables e, por suposto, as coberturas obrigatorias. Nas nosas oficinas poderás encontrar as persoas expertas que saben ver e atender as túas verdadeiras necesidades.

Aí radica a importancia dos Seguros.