12/12/2022

E este Nadal? Marchamos! Quedamos!

Sabela, xunto co seu marido e os seus tres fillos decidiron voar no Nadal. Nada de compromisos familiares nin sociais, correndo a todos os sitios para quedar ben con todo o mundo. Este ano o Nadal é só para eles. Prepararon unha viaxe moi especial, irán ver as auroras boreais a Islandia. A ver se así son capaces de ver a Rudolf o Reno guiar a zorra de Papá Noel mentres atravesa o ceo.

Compraron os billetes de avión, tamén reservaron os seus cuartos nun confortable hostal. E esta vez viñeron á “correduría” contratar un Seguro de Viaxe. A última vez que planearon unha viaxe: planearon unha viaxe, non planearon a posibilidade de ter que anulala. E é que ao seu fillo pequeno deulle un ataque de apendicite e tiveron que cancelala. Alugaran un pequeno apartamento na praia e unha vez pasado o prazo de cancelación anticipada non lles devolveron nin un euro do pagado, que non foi pouco.

Agora non queren arriscar, teñen moita ilusión en realizar esta viaxe. É un soño dende hai moitos anos, aforraron durante bastante tempo, tanto en diñeiro coma en días de vacacións, para poder facela tranquilamente. Non obstante, saben que existen incidentes que a pesar da túa planificación poden impedirche viaxar: un accidente, unha enfermidade sobrevida. Ademais, á súa filla maior pódena chamar para comezar a traballar, o seu primeiro traballo, como renunciar a el?! Asegurámonos de contratar os gastos de anulación. E para esas cabeciñas tolas que son os adolescentes, tamén lles garantimos o envío das cousas que poidan esquecer durante a viaxe. E, por suposto, tranquilizámolos porque o seu voo fai escala e ademais teñen que coller un par de trens, polo que, se un tren se atrasa e perden as conexións, terán cubertos os gastos de viaxe, de aloxamento e de manutención.

Dende a nosa “Correduría” de Seguros, ímolos axudar a gozar da súa tan anhelada viaxe. Como? Con tranquilidade. A tranquilidade que dá saber que pase o que pase teñen a todo o noso equipo encargándose de resolvelo.