Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

E o teu, para cando?

O escritor Giovanni Papini díxolle a Henry Ford no alto do Empire State: “Parece mentira que os homes fosen capaces de construír todo isto”. Ao que lle contestou Ford: “Esta cidade non a fixeron os homes. Fixérona os seguros”.

Ante a cara de incredulidade de Papini, Ford agregou…

“Sen os seguros non teriamos rañaceos, porque ningún home se atrevería a traballar nesas alturas, co risco de matarse e deixar na miseria a súa familia. Sen seguros ningún empresario investiría os seus millóns en construír un edificio coma este, que unha simple chispa pode reducir a cinzas. Sen seguro ninguén circularía por estas rúas, sabendo que en calquera momento pode ter un accidente. E isto non só acontece en Estados Unidos. É o mundo enteiro o que descansa sobre a base dos seguros. Sen eles, cada home gardaría o seu diñeiro sen investilo en ningunha parte por temor a perdelo, e a civilización paralizaríase pouco menos que na barbarie”.

Cando falamos de seguridade nunha empresa, as nosas mentes diríxense cara aos equipos de protección individual e por suposto cara aos sistemas de seguridade e protección instalados na empresa. Non obstante, aínda evitando e diminuíndo todos estes riscos a mala sorte pódese cebar cunha empresa e afundila, a pesar de ter éxitos. E ante esta situación, que facer?: un Seguro para a Empresa é a solución ante case calquera continxencia que poida acontecer.

Nun principio trátase duns seguros complexos, pero queremos resumilos moi brevemente:

Seguros Patrimoniais: afectan os activos materiais e inmateriais; os inmobles e as instalacións fixas, o mobiliario, a maquinaria e os equipos electrónicos, as materias primas e as existencias e os vehículos da empresa.

Seguros para Persoas: aféctanlles ás persoas, son os riscos empresariais con relación ao equipo humano que conforma a empresa; como os convenios colectivos, accidentes colectivos, vida, asistencia en viaxe, secuestro e extorsión, entre outros.

Seguros de Responsabilidade: é o risco ao que se enfronta a túa empresa cando lle poidan esixir o pagamento dunha indemnización a causa dos danos ou prexuízos que lle ocasionase a un terceiro ou ao medio ambiente.

Seguros de Resultados: son aqueles que afectan os resultados de xestión da túa empresa, derivados da posible paralización da actividade por accidente ou sinistro grave e dos posibles non pagamentos das vendas que se realizan a crédito.