Empeza a tempada alta de accidentes e roubos

Moitas familias comezaron a marchar de vacacións e non queren preocupacións, especialmente despois de tanto tempo confinados. Preguntáronnos cales son os problemas máis habituais do verán: saúde, accidentes e roubos no fogar encabezan a clasificación.

Ademais de ter o mellor anti-sustosque é un seguro, existe a preocupación adicional pola Covid-19, que veu para quedar e agora témonos que adaptar a ela.

O seguro protéxete de sobresaltos e gastos imprevistos. Agora, tamén é moi importante previr para que o peor non aconteza.

Empezamos polo teu vehículo. Faille unha revisión antes da viaxe e comproba que levas o teléfono de “asistencia” por se quedas tirado ou tes un accidente.

Xa te ocupaches do hotel, das maletas, dos desprazamentos… A relaxación das rutinas nas vacacións cambia os nosos hábitos de comidas, excursións ou práctica de actividades á que non estamos afeitos. Un seguro de Asistencia en Viaxe ocuparase dos gastos médicos ou do transporte do enfermo e dos acompañantes, ou aliviaranos o mal xenio coa indemnización de equipaxes extraviadas e agradecerémoslle o aboamento da cancelación da viaxe.

Teño actualizado o seguro de Vida? Se tes dúbidas consúltanos e non te preocupes, revisamos todo contigo e actualizamos o teu seguro de Vida para adaptalo á túa situación familiar e laboral e asegurámonos de que cubra a Covid-19.

Sen saúde non somos ninguén. Lembra levar a tarxeta sanitaria da Seguridade Social e ademais a túa tarxeta de saúde privada, tes especialistas e centros médicos en todo o mundo, e se dependendo do destino tes dúbidas, chámanos antes de saír.

A túa casa, revisa que tes pagado o seguro de Fogar para que non che afecte, se che toca, algún dos 25.000 roubos que se producen no verán.

OK. Entón temos os seguros do verán a punto, non? Se non os usamos, mellor. Sinal de que todo foi ben.