01/08/2023

“En agosto, frío no rostro”

Coidadiño, coidadiño cos cambios de temperatura. Dependendo da zona xeográfica onde esteas, de día ásaste e pola noite conxélaste. Igual saes con tirantes, bermudas e chancletas e pola noite o corpo pídeche chaqueta e calcetín alto. O mesmo pillas un arrefriado e unha gripe que te queimas co sol ou che dá un golpe de calor.

E que di a ciencia? Pois que os cambios climáticos bruscos son prexudiciais para a saúde. Cando pica o sol, cada grao extra é máis perigoso… O risco multiplícase por tres e catro veces máis que con frío que é discreto e silencioso.

Un consello dende a nosa “Correduría”: nestes días obedece a mamá cando di que “en agosto, frío no rostro”. Así que colle unha chaqueta por se acaso e cóidate moito.

Feliz e saudable verán!