03/07/2023

Erupción do volcán en La Palma: case, case pagada

O Consorcio de Compensación de Seguros xa lles aboou 232,4 millóns de euros aos asegurados afectados pola erupción volcánica da illa de La Palma, que supón o 97,5 % das 12.761 solicitudes recibidas.

A maior parte dos danos producíronse en vivendas e comunidades de propietarios (193 M/€). O resto afectaron automóbiles, comercios, hoteis, oficinas e industrias. O municipio máis prexudicado foi Los Llanos de Aridane con case a metade das solicitudes de axuda e con 168,84 M/€ de indemnizacións aboadas.

Sucesos graves como o de La Palma, recórdannos a importancia de asegurar o teu patrimonio. Sen os seguros, a illa non podería reconstruírse o antes posible. Non só se trata de asegurar os teus bens, pois non só son “cousas”, unha casa, un coche, o teu local de negocio… Trátase da túa vida. Un volcán, unha inundación, un terremoto… son desastres naturais que por desgraza acontecen, que se poden prever, con máis ou menos tempo de antelación, pero non se poden evitar. Pero se ademais de vivir un desastre de tal calibre, encontras toda a túa vida estragada, como te repós? Asegura o que máis che importa.

Dende a nosa “Correduría” felicitamos ao Consorcio, demostrando unha vez máis que o labor do Sector Asegurador é imprescindible para protexer o noso patrimonio.

 

Foto «Wikimedia Commons» / CC BY-SA 4.0