02/08/2022

Escoite… que parte da piscina é miña?

O notario non soubo que contestarlle. A piscina da urbanización é de uso comunitario non privativo. Non existe un anaco de piscina reservado para cada veciño, todos poden bañarse á vez.

Esta anécdota é tan divertida como real. Lémbranos a importancia de incluír a piscina como espazo común no seguro da Comunidade. Indemnizará calquera contratempo que aconteza. Se non, os veciños sodes os responsables e deberedes asumir os danos persoais e materiais que acontezan durante este verán.