04/02/2022

Estafador, non tes perdón

Non ten graza mentir, en xeral, e en particular defraudar ao seguro, ben sexa por ocultar información ou dala erroneamente, por simular un sinistro que non acontece, por esaxerar danos ou provocar un accidente.

4 empresarios hortofrutícolas reclamaron 2 millóns de euros por un fallo de refrixeración. Un médico falseou operacións de hemorroides e fisuras anais. Un español finxiu a súa morte en Colombia. E todos actuaron para conseguir indemnizacións defraudando os seus Seguros.

O Sector Asegurador inviste moitos recursos en pillar tramposos. Mesmo expoñen as estafas máis rocambolescas no Concurso Anual de Detección de Fraudes. Por cada 1 € investido recuperan 48,10 € defraudados, e segundo o ramo pode ser máis do triplo.

E que che pode acontecer se te pillan defraudando? Quedarás sen seguro, pero iso é o de menos, tamén sen indemnización e os custos do sinistro (se o houbese) tes que asumilos ti. Ademais das custas dos posibles xuízos. E, por último, o intento de fraude ao seguro pode incorrer nun delito penal, e iso significa cárcere. E inscribirante nun Ficheiro de Defraudadores.

Os que estafan aos seguros prexudícannos a todos.