12/12/2022

Este Nadal, arroz para tod@s

Moitas veces nós, os nosos amigos e os nosos fillos, queixámonos das dificultades que nos regala a vida. Cada ano reunímonos a familia que formamos a nosa oficina e comemos unha paella xigante. E o “xefe de cociña” sempre nos repite a mesma historia mentres cociña.

Primeiro quenta o lume e engade 3 ingredientes imprescindibles: arroz, carne (polo e coello) e azafrán. Cando ferveron e quedan listos para comer, serve nun prato o arroz e a carne. Pregúntanos:

  • Que vedes?
  • Arroz e polo.

Este ano, pediume que me achegase e tocase o arroz, estaba brando e rico, rico. Despois mordín o polo máis consistente e duro, pero moi saboroso. Logo saboreei unha culler de caldo, sabía exquisito.

Explicounos que os 3 ingredientes foran sometidos á mesma adversidade da auga fervendo, aínda que responderon de forma diferente. O arroz entrou á paelleira duro e arrogante, pero saíu brandiño e doado de mastigar. A carne de polo chegou delicada e suave, pero quedou endurecida tras someterse ao lume. Non obstante, o azafrán foi o máis valente: aceptou a cocción e entregou ao guiso o mellor de si mesmo expandindo o seu aroma.

  • Cando tes un problema, como actúas? Es un gran de arroz, aparentemente forte pero que se volve débil ante a mínima dificultade? Es maleable como a carne que endureces e te convertes en insensible? Ou compórtaste coma o azafrán? Cando ferves, e as circunstancias son adversas, expandes bondade e logras que todos melloremos.

Para o Novo Ano, na nosa “correduría” propuxémonos ser coma o azafrán.

Feliz Nadal para tod@s!

Categorías