Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

Eu alugo casa, ti alúgasme un local e o seguro cóbrenos a ambos os dous

O meu nome é Xoán. Son solteiro. Teño 36 anos e por fin teño un contrato laboral indefinido. Así que deixo a casa dos meus pais, e vou vivir coa miña moza. Ela vai montar o seu propio negocio. Necesitamos dous alugueiros: un piso para vivir e un local comercial para traballar”.

O primeiro que necesita o “caseiro” é solvencia económica. A garantía “tradicional” é pagar varias cotas por adiantado, que serven de fianza.

Outra opción é un aval bancario, que tamén custa diñeiro.

E a mellor proposta é un Seguro de Alugueiro que libera a Xoán e á súa moza da fianza ou aval, achégalle tranquilidade de cobramento ao propietario, e permite gozar, a ambos os dous (arrendador e arrendatario) doutras vantaxes.

Para o arrendatario suponlle un aforro importante á hora de alugar, pois pode compensar cun seguro de alugueiro a falta de pagamento de aval e/ou de fianzas. E tamén pode protexer os seus bens (o contido) declarados no seguro en caso de sinistro.

E para o arrendador significa a protección de pagamentos do alugueiro, cobre as rendas de alugueiro cando o inquilino resulta un moroso, tamén pode cubrir os custos da acción xurídica da reclamación contra o inquilino e mesmo os actos vandálicos deste.

Algunha dúbida máis…? Consúltanos.