Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

Que fai un “corredor” de seguros polas túas alerxias?

“A primavera o sangue altera” a ritmo de esbirro, ollos colorados e problemas respiratorios. Vouche contar como previr as alerxias en 5 pasos.

1.- Exercicio. Fai deporte en lugares pechados como o ximnasio ou sae a correr polo campo ao final do día ou xa de noite. Fíxate que, durante as horas de sol, as plantas xeran máis pole.

2.- Pecha as xanelas do coche. Que non entre o pole ao teu vehículo. Pon lentes de sol e, se fai falta, cubre a boca e o nariz cun pano ou máscara (imita os xaponeses). Nin que dicir ten que mellor deixas a moto ou a bicicleta aparcadas na casa durante estes días.

3.- Limpeza e hixiene. Ventila pola tarde e limpa o po cun trapo húmido. Procura eliminar alfombras, moquetas, peluches… Se tes animais na casa, cepíllaos diariamente humedecéndolles o pelo. E en canto á túa hixiene persoal, lava as mans e a cara (especialmente nariz e ollos) varias veces ao día. Pola mañá e pola noite, dúchate e di adeus ao pole que queda no pelo ou na pel.

4.- Bebe auga. Axúdache a expulsar o factor alérxeno. Come piña (se non lle tes alerxia) pois ínchanse menos as mucosas. Procura non inxerir moita carne vermella nin derivados lácteos porque aceleran os síntomas alérxicos.

5.- Seguro de saúde e alerxia. Aquí estamos para revisar a túa póliza de saúde. Como sabes, a primavera pode traer algunhas alerxias… recordámosche que a esencia da saúde privada é a rapidez de atención, sen necesidade de esperar longas listas de espera para realizar as túas probas.

Hai seguros de saúde privados que inclúen parte do pagamento das medicinas que compras e, tamén, a atención no estranxeiro por se sofres un ataque de alerxia, por se vas de vacacións ao Caribe.