02/05/2023

“Familia unida xamais será vencida”

A familia é unha institución universal que existe en todas as sociedades coñecidas. É o núcleo das sociedades. As familias están integradas por un grupo de persoas unidas mediante lazos. Estes lazos poden ser moi diversos: sanguíneos, matrimoniais, filiais, afectivos… Existen tantas maneiras de formar familias como persoas formamos a sociedade, e é que a diversidade enriquécenos e fainos máis humanos. E a calquera familia úneos un aspecto común: o amor.

Non importa se tes dúas mamás, dous papás ou un montón de avós. Os lazos afectivos son máis fortes que os lazos de sangue e o amor e o cariño transcenden aos “papeis”.

As familias somos máis flexibles e todos respectamos as necesidades e individualidades particulares.

Ti que fas? Uns estudan e outros traballan e todos colaboramos nas tarefas da casa e coidamos uns dos outros. Preocúpanos o benestar da unidade familiar e necesitamos protexernos e coidarnos, e isto tamén o facemos a través dos Seguros de Saúde.

Por que?

Porque valoras moito a calidade asistencial. Cando tes un problema de saúde, o primeiro é a rapidez na atención, escollendo os mellores especialistas.

Tamén queres atención dental gratuíta ou cun copagamento pactado, sen sustos na túa economía. E, como viaxas a miúdo, necesitas a tranquilidade da asistencia médica en calquera país que che apeteza visitar.

Mesmo os seguros de Fogar se fixeron flexibles e son moi coidadosos coa túa casa, os teus mobles, os obxectos que tanto aprecias (o móbil, o ordenador, a tele 4K). O mesmo acontece co seguro do Coche, con garantías para todos os ocupantes.

Coidámonos porque nos queremos.