03/07/2023

Fresquiño ti, fresquiño o teu motor

Sabías que un coche ao sol se quenta ata 70 graos? Ao arrancalo podes sufrir un sobrequentamento do motor e unha avaría grave. Como evitalo, mesmo sen aire acondicionado?

Coloca sempre un parasol, que non fai milagres, pero algunha calor resta. Ao entrar, abre todas as xanelas. Agora si podes acender o climatizador para que lance o aire quente fóra do vehículo.

Periodicamente, revisa a temperatura do refrixerante (non uses auga porque estraga o sistema de frío). E comproba o nivel de aceite lubricante.