Empeza cun esbirro, segue con arrepíos e, antes de que te deas conta, xa estás na cama con 38º de febre. A tempada de gripe está no seu punto álxido, e este ano vén acompañada: Covid, bronquiolite e faringite uníronse á festa invernal.
Os síntomas son vellos coñecidos: febre alta, dores musculares, malestar xeral, tose seca… e a recuperación pode levar ata dúas semanas. Por iso, a prevención é crucial: vacínate se pertences a grupos de risco, mantén unha boa hixiene de mans, usa máscara en lugares concorridos se tes síntomas e ventila os espazos pechados.
Se aínda así a gripe te atrapa, precisarás descanso axeitado, boa hidratación e atención médica se a febre supera os 39º, tes dor na zona do tórax ou notas falta de aire.
Aínda que ter gripe é unha molestia, por sorte é algo pasaxeiro. Pero, que pasa se necesitas probas diagnósticas urxentes ou atención especializada? Un seguro de saúde garántenche acceso inmediato a especialistas e probas sen esperas. Por menos do que imaxinas, podes ter a tranquilidade dunha atención médica privada para ti e a túa familia.

04/02/2025