06/09/2023

Guau, guau: agora son un ser sentinte…

Se a túa familia a conforman “persoas non humanas” saberás do que falamos; e é que, cans e gatos, tamén teñen emocións como amor, alegría, pena, ansiedade, celos… Teñen medos, sofren, empatizan tamén cos seus humanos, coidan e, sobre todo, dan moito cariño; agora legalmente denomínanse “seres sentintes”.

A Lei de Benestar Animal entra en vigor o próximo 29 de setembro, e xusto para ti, cando chegue esta data queremos que teñas os deberes feitos.

Esta Lei protexerá mellor a maioría dos nosos amigos peludos, pois un dos seus obxectivos principais é poñer fin ao abandono e ao sacrificio dos animais de compañía. Ademais, endurece as sancións, incluíndo penas de prisión.

E cales son as claves desta protección?

  • Rexistro e identificación de cans e gatos.
  • Límites para a cría.
  • Sacrificio e abandono CERO.
  • Non se poderán deixar sen supervisión.
  • Obrigatoriedade de realizar un curso para facilitar unha correcta e responsable tenza.
  • Seguro Obrigatorio de Responsabilidade Civil (con sancións de 500 a 10.000 € por non subscribilo).

Que nos pode afectar e con que debemos ter especial coidado?

O texto legal inclúe tamén outras sancións que teñen que ver coa non recollida dos excrementos do can. Aquí a cantidade é moi variable, xa que depende de cada cidade, pero está entre os 60 € e os 3.000 €, de xeito que non recoller as deposicións do noso can na rúa vainos supoñer un bo desgusto.

Ao mesmo tempo, deixar o can solto sen supervisión pode custarnos moi caro, a nova Lei prevé multas de 500 € a 10.00 €, e iso sempre que non aconteza nada. No medio rural aínda é usual abrirlle a porta ao can para que pasee só pola aldea, algo que agora está sancionado con cantidades elevadas.

Tamén debemos comunicar a perda do animal en 48 horas, se non o facemos, considerarase abandono. Na actualidade xa é obrigatorio identificar os cans con chip, de maneira que se se nos perde ou nolo rouban hai que notificalo ás autoridades nun máximo de dous días. Se non o facemos así e o encontran estaremos incorrendo nunha infracción grave cuxa multa vai dos 10.001 € aos 50.000 €, que será a mesma que nos aplicarán se ao saír á rúa comproban que a nosa mascota non ten o microchip.

E por suposto, deixar soas e encerradas as nosas mascotas dentro do coche, expostas a condicións que poñan en perigo a súa vida, supón unha sanción de entre 500 € e 10.000 €.

Lembra que esta Lei establece por primeira vez a obriga de contar con Seguros de Responsabilidade Civil para cans a nivel estatal. E aquí é onde entra a nosa “correduría”. Un bo Seguro de Responsabilidade Civil farase cargo economicamente dos danos que poida ocasionar a túa mascota ante terceiros e incluír a defensa xurídica ou costas e gastos xudiciais por un importe de seguro moi baixo.

Revisa a túa póliza de Seguros de Fogar, podería non cubrir esta Responsabilidade Civil.

A devandita Lei de Benestar Animal obriga aos propietarios de cans a contratar e manter en vigor, durante toda a vida do animal, un Seguro de Responsabilidade Civil por danos a terceiros que inclúa na súa cobertura ás persoas responsables do animal.

É importante que, se es propietario dun can, e non tes un seguro independente de Responsabilidade Civil para a túa mascota, revises a túa póliza de Fogar para confirmar se a través desta se dá cumprimento ou non á obriga que impón a referida Lei.

Consúltanos, temos todo tipo de solucións aseguradoras que farán que a túa nota sexa de “sobresaínte en peludos” e que a túa economía non sufra.