“Máis bo que o pan”

Setembro é mes de novos propósitos, como ir ao ximnasio para reducir a barriga das cervexas que bailan en libras de chocolate.

Sobre a porta do ximnasio colga un cartel con 10 trucos para presumir de 6 abdominais en 4 semanas.

Di adeus á preguiza, cambia o chip e, con forza e vontade, obterás os resultados que buscas: poñerte máis forte que o vinagre.

E se falamos do seguro para o teu ximnasio... Traballades a musculatura, artes marciais, ioga, zumba…? Es principiante ou veteran@?

Na web ofréceslles aos teus clientes diferentes tarifas e servizos. Na nosa “correduría” tamén.

  • A túa cota “reducida” equivale á Responsabilidade Civil obrigatoria que asume as lesións provocadas por mal funcionamento das instalacións ou neglixencia. Se vendes produtos (como suplementos alimenticios), inclúeos na RC.
  • Asegura o teu investimento principal: as máquinas. O seguro pagará os roubos, roturas, avarías…
  • A póliza “completa” inclúe todo o anterior e mais as roturas de cristais, protección do persoal (accidentes, saúde), asistencia xurídica e perda de beneficios.

Como ben anuncias na túa publicidade, déixate de escusas e planifica o outono para que o ximnasio sexa “máis bo que o pan”. Ti capta clientes e adéstraos que nós xa nos ocupamos de protexelos a todos.