03/07/2023

Máis rápido, só. Máis lonxe, acompañado. Máis seguro, coa túa “Correduría” de Seguros.

Este verán vas de viaxe ao estranxeiro e liches que en moitos países piden un Seguro de Viaxe, sobre todo tras a pandemia, outros países recoméndano. E dende a nosa “Correduría” dicímosche que son imprescindibles. Goza, experimenta e viaxa, pero faino con seguridade e protección.

E estas son as garantías IMPRESCINDIBLES sen as que non debes viaxar pola túa seguridade:

  • Cobertura médica. Hai que ter en conta que, en moitas rexións, os gastos de hospitalización ou tratamento médico son moi elevados debido ás súas políticas de sanidade privadas. Por iso, é conveniente que a póliza considere os seguintes supostos:
    • Enfermidade ou accidente.
    • Prolongación da estadía e repatriación.
    • Desprazamento e aloxamento dunha persoa que acompañe ao asegurado.
    • Transporte ou repatriación do falecido e os seus acompañantes.
    • Retorno anticipado do asegurado por morte ou hospitalización dalgún familiar ou por sinistro grave na súa residencia habitual, así como por calquera outra situación excepcional.
  • Transporte Asistencial Medicalizado (TAM) depende ao país que vaias ou a lesión ou enfermidade que sufrises e sexa preciso para o teu adecuado traslado por un medio terrestre, marítimo, fluvial ou aéreo ao centro sanitario que poida atender de forma óptima a situación de urxencia.
  • Responsabilidade Civil. Por accidente ou por despiste, toda acción ten as súas consecuencias e non quererás pagar do teu peto unha boa cantidade de diñeiro por un “tropezo”. A RC encargarase de resarcir a terceiras persoas involucradas nunha acción da que ti es responsable.

 

E tamén aconsellamos para protexer a túa economía:

  • Cancelación. Xorde algo que che impide realizar a túa viaxe. Ter unha cobertura de cancelación que che devolva o importe, permitirache polo menos programar outras vacacións. Ou polo menos poder substituíla por outro capricho.
  • Perda ou roubo de equipaxe. As túas cousas son túas, e chegar ao destino e non telas pode causarche un grave inconveniente, ben porque non teñas mudas para cambiarte, nin as túas zapatillas cómodas para moverte ou a túa bolsa de aseo, coas túas lentes de contacto e lentes de recambio. Ou ben, porque ao teu regreso “desaparecese” a túa cámara con todas as fotos para o recordo, xunto coas tarxetas de memoria.

Visítanos e facemos un estudo segundo as túas necesidades. Buscamos, encontramos e contratamos exactamente o que necesitas antes de emprender calquera aventura.