07/03/2022

Mamá, traballa tranquila; Clara xoga feliz na gardería

“Mamá di que gozamos a baixa de maternidade moitísimo. Agora tócalle volver ao traballo e eu irei á gardería. Vou coñecer un montón de amiguiños novos”.

Ti cres que traballará tranquila? Claro que si! É unha mamá organizada. E Clara aprenderá divertíndose, xunto aos seus compañeiros e compañeiras, a compartir, a comer soa, a ser autosuficiente. Unha gardería debe estar ben cuberta, para protexer e estar previda de calquera incidencia, accidente ou reclamación. Polo tanto, deben ter un Seguro de Responsabilidade Civil que cubra a súa actividade, ademais dun Seguro de Accidentes para os nenos e nenas, así como Asistencia Sanitaria. Tamén debe ter un Seguro de Danos que cubra as instalacións e, como non, un Seguro de Accidentes de Convenio que protexa o persoal laboral.

Ademais, a mamá de Clara tiña contratado un bo Seguro de Saúde, Clara xa o utilizou mesmo antes de nacer, pois mamá elixira para levar o seu embarazo ao seu xinecólogo de sempre, que está no cadro médico. Clara naceu nese mesmo hospital e asistida polo mesmo xinecólogo, facendo as súas funcións de obstetricia, así a pequena estaría protexida polo mesmo Seguro de Saúde, tanto no seu nacemento coma para os seus primeiros días de vida. Deseguida, mamá incluíu a Clara no seu Seguro. Agora tamén elixiron o seu Especialista en Pediatría, así revisará sempre a Clara e encargarase da súa saúde, a mesma persoa, Alicia, que co paso dos anos se converte nunha amiga máis da familia.