06/07/2022

Mellor telo e non necesitalo. Mira que lista foi Pepa

Pepa rexenta unha pequena panadería onde vende de todo: bebidas, froitos secos, algo de froita, lambetadas… É unha romántica á que lle gusta charlar cos seus clientes, coñecer as súas opinións, responder ás súas preguntas… Traballa moitas horas, pero vaille ben, bastante ben.

O luns abriron unha gabia diante da tenda porque comezaron obras na rúa. Unha escavadora golpeou, sen querer, unha canalización e cortáronlle a auga. Zas!

Chamounos esta mañá á “correduría” desesperada. Tranquilizámola porque o seu seguro de Comercio inclúe o lucro cesante. Que é iso?

Unha garantía que che aboa o diñeiro que deberías ter gañado se non acontecese o accidente. Actúa cando se producen goteiras, rotura de cristais, incendios ou obras na vía pública. Tamén indemniza o propietario do local se Pepa está de alugueiro e non pode pagar (que non é o seu caso).

Mentres a panadería permaneza pechada, o seguro ingresaralle unha cantidade igual á que gañaría traballando. Calcúlase partindo dos ingresos previos ao accidente multiplicados polos días que deixa de percibilos, e é o capital que contratou “por se acaso”, porque os “por se acaso” pasan.

Para cobrar, Pepa explicará e demostrará qué aconteceu. Presentará a contabilidade doutros anos precedentes. Un perito realizará a valoración e… a cobrar ata que o problema quede resolto.