09/06/2023

Mellor ter e non usar que non ter e ter que usar. Vaia… igualiño que cos seguros

O 1 de xaneiro de 2026 deberás xubilar os triángulos do coche e substituílos por unha luz V16 correctamente homologada. Recomendámosche que a compres xa porque a túa vida estará máis protexida.

En caso de accidente, só tes que abrir a guanteira, coller a luz, activala e colocala no teito do coche sen saír a xogar a vida. Distínguese a 1 quilómetro de distancia cun ángulo de 360º. Mesmo algunhas luces V16 teñen a posibilidade de xeolocalización, remite as coordenadas do vehículo avariado a Tráfico, quen rapidamente envía os servizos de emerxencia e traslada a información aos paneis de mensaxe e a todos os vehículos conectados. Ten coidado coa luz que elixes e comproba sempre que estea certificada. A partir do 1 de xaneiro de 2026 estes dispositivos deberán estar conectados con DXT 3.0.

Categorías