Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

“Moitas grazas por confiar no teu corredor”

Mira ao teu redor: o teu sofá, a túa casa, o teu teléfono intelixente… Pensa nos teus fillos, nos teus pais, na túa parella, na túa vida… Todo está asegurado. Protéxeste de dúas formas: pola túa conta (directamente cunha compañía de seguros) ou cun profesional: o corredor de seguros.

Cada vez son máis as persoas que, coma ti, confían en nós. Sabes por que?

Porque che axudamos a escoller a mellor opción

Porque estamos regulados por un control administrativo e pola Lei de mediación. Debemos cumprir unha normativa que nos esixe estritos requisitos financeiros e profesionais. Estamos encantados de cumprilos “rigorosamente” porque sabemos que así estás máis protexido.

E porque, segundo a Dirección Xeral de Seguros, ofrecémosche “un asesoramento profesional, especializado e imparcial, fundado na independencia.”

Seriedade e solvencia

Os corredores de seguros seleccionamos para ti as aseguradoras por seriedade, solvencia e servizo. Só ofrecemos produtos de compañías acreditadas porque non queremos sorpresas para os nosos clientes. Preferimos un servizo eficiente ao seu xusto prezo a restar coberturas básicas da póliza.

Este sistema de traballo tradúcese nun alto índice de fidelidade con clientes satisfeitos que non cambian cada ano de compañía porque encontraron a póliza adecuada.

Por calquera medio

Ademais atendémosche “en liña” (web, teléfono, redes sociais) e “fóra de liña”, se o prefires (na oficina de toda a vida).

A Dirección Xeral de Seguros obríganos a “recomendarlles aos clientes as coberturas de seguro e as entidades que mellor se adapten, ao noso xuízo profesional, ás necesidades do consumidor.” Para iso dispoñemos das mellores ferramentas tecnolóxicas, que, xunto coa nosa experiencia e coñecemento, nos permite dispoñer da mellor opción existente no mercado para ti.

O noso traballo é comparar diferentes opcións e ofrecerche a máis adecuada.

En caso de imprevisto, os corredores enchemos o parte de sinistro e defendemos os teus intereses ata que cobras a indemnización.

Xa sabes que somos independentes, temos unha oferta ampla con todas as aseguradoras do mercado, o noso asesoramento é gratuíto, estás protexido pola Lei e prestámosche asistencia posvenda.

Grazas por confiar no teu corredor.