03/02/2023

“Moito produce o campo, pero moito come o ano”

Di o refraneiro que “come máis unha xeada de febreiro que todos os cabalos do reino”. Talvez saraibe ou xee e se arruínen as colleitas, a climatoloxía pode ser un gran problema para os agricultores e a solución é asegurar os seus cultivos: 1,5 millóns de contratempos atendidos ao ano e 750 millóns de euros en indemnizacións.

Todo o que debes saber antes de asinar

Calquera persoa que se dedique á agricultura pode asegurar como persoa individual ou como sociedade.

Como o contrato?

Podes subscribilo de forma individual ou colectiva, hai que facer un estudo para valorar que che convén.

Que debo facer?

Avalía:

  • A produción e o rendemento que queres asegurar.
  • Os riscos que che cobre o seguro.
  • O % de cobertura (100 % ou menos).
  • A carencia (dende cando tes cuberta a produción).

Como sei que asegurar?

Indica todas as parcelas que queres asegurar.

  1. Superficie exacta, con referencias catastrais.
  2. Rendementos, é dicir, a produción media dos últimos anos.
  3. Prezos. O prezo máximo fíxao o Ministerio, pero podes asegurar por menos (ollo! será o que cobres na indemnización).

E non esperes a que se perda a túa colleita porque daquela xa non terá solución.

Categorías