Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

Navegar en Internet sen salvavidas?

Utilizas Google? Tes perfil nalgunha rede social? Compartes fotografías por teléfono? Ves Netflix? Escoitas Spotify? Entón es unha “persoa dixital”.

Falamos a coches autónomos. Procesan datos con escáner de láser, radares de detección, cámaras de vídeo, GPS de navegación… E conducen sós. Talvez aínda non o compraches pero o teu vehículo actual funciona cunha chave que emite sinais de apertura e incorpora bluetooth para enlazar o teléfono.

Probablemente, no teu traballo tamén utilizades WhatsApp, tedes conta de correo electrónico, navegades por Internet, e ademais tod@s subides e baixades arquivos da nube e non sempre bloqueades os ordenadores.

A alma de Internet

Internet democratizou a información ao servizo da sociedade. Detrás de cada acerto dixital hai persoas que soñaron un mundo mellor. Pero Internet, tamén esconde ciberdelincuentes que provocan 12 denuncias por hora só en España.

A pregunta non é por que te embarcas no mar de Internet sen salvavidas, senón, cando te atacarán? Protexe os teus accesos, revísaos periodicamente e contrata un Ciberseguro. Cando te ataquen, protexerate das estafas de phishing, roubos de identidade e datos, neglixencias… e sobre todo dos prexuízos que poidas causar a terceiras persoas.

Soamente hai dous tipos de empresas: aquelas que foron hackeadas e aquelas que o serán”. Robert Mueller (Director do FBI).