Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

“Nin voda sen canto, nin morte sen pranto”

Imaxinaramos a nosa voda dende que decidimos casar: lugar, regalos, menú, festa, invitados… “Tantos?” “Tantos, si. Non quero que falte ninguén a un día tan especial”. O último ano investiramos o noso tempo e diñeiro en organizala, estabamos facendo realidade o que un día imaxinaramos. Así que reservamos na vella casa do Concello do meu pobo. O pai do meu amigo Lolo, concelleiro de toda a vida, e que nos vira crecer, casaríanos. O último, antes de deixar o seu cargo para xubilarse.

Reservaramos un dos salóns para o banquete e despois pasariamos aos xardíns, para o baile. Tamén tiñamos contratada a viaxe de lúa de mel, 10 días en Birmania.

Chegou o 14 de marzo e con el un estado de alarma que obrigaba ao confinamento. A Covid-19 empezouse a cebar en todos nós, dun xeito ou doutro. A nosa voda non se celebrou. Tiñamos dúas opcións, cancelar ou pospoñer. Decidimos cancelar, non sabiamos cando poderiamos celebralo como é debido E quedaramos sen mestre de cerimonias…

Díxoo Charles Darwin “a especie que sobrevive é aquela que mellor se adapta ao cambio”. Hai que readaptarse á nova situación, conseguimos flexibilizar as condicións de cancelación, devolvéronnos o adianto, e déronnos a posibilidade dunha segunda reserva e xa abriron… O servizo de cátering directamente cancelouse. Gústanos traballar con profesionais, polo que a Axencia de Viaxes, onde contratamos a lúa de mel, encargouse da cancelación, para os billetes déronnos uns “tíckets” que poderemos gastar nun ano. O hotel devolveunos o diñeiro pagado, aínda que cun pequeno custo de cancelación. E os regalos para os convidados, seguro que os poderemos entregar. Máis adiante.

Agora só esperamos poder celebrar a vida, xuntos, por fin.