Non apagues a luz, Mariluz

Non temos febre, pero máis de 80.000 casas e empresas españolas instalaron o ano pasado paneis solares cunha potencia equivalente a un reactor nuclear. Un cliente visitou a nosa “correduría” e preguntounos se poden asegurarse as placas solares.

Claro que si! Pero ollo! Cando as instales, ven informarnos porque os paneis poden ser considerados Continente nalgunhas compañías (porque forma parte das instalacións fixas), ou ben, poden ser considerados Contido noutras compañías (porque forman parte do mobiliario e os aparellos). E esta distinción é fundamental á hora de asegurar as túas placas (e baterías) solares.

En calquera caso, SEMPRE SEMPRE hai que notificalo á compañía, como calquera alteración da póliza, pero esta, en concreto, é un grande investimento económico; polo que non pode quedar fóra de cobertura. É importante que se inclúa no Seguro de Fogar a través das seguintes garantías:

  • Danos materiais como unha rotura.
  • Danos eléctricos. Por exemplo, problemas na instalación eléctrica.
  • Roubo das placas.
  • Responsabilidade Civil por se lles provocas danos a outros.
  • De obra civil, sobre todo cando a instalación se realiza no tellado ou nunha fachada.

Nós non vendemos placas solares, pero con elas consegues autosuficiencia enerxética e co seguro garantes a túa protección de sol a sol. A que esperas?

 

 

Categorías