08/11/2021

“Non che digo adeus, senón ata sempre”

A vida é un regalo que algún día remata para ti e para os que amamos. A morte é parte da vida. Os asuntos da vida resólvense en presente sen deixar temas pendentes que nos abafarán ao final do camiño.

 

Os nosos seres queridos permanecen ao noso lado mentres os recordamos. Non os esquezas.

 

No ano 2225 aC os exipcios crían que a alma era infinita e buscaba outro corpo ao morrer. Garantían o tránsito deste mundo ao alén sen xerar débedas para as súas familias. Calcularon o prezo de falecer e comezaron a pagar a cota do seguro de Momia, en España chamado seguro de Decesos. Hoxe considerámolo un último xesto de amor cara aos que quedan, aforrándolles diñeiro, pero sobre todo evitando molestos e longos trámites burocráticos nun momento tan doloroso.

 

Antes de contratalo, analizaremos a túa situación familiar e persoal. Podemos modificar as coberturas en calquera momento e personalizarémolo para cubrir o que ti queiras.

 

“O amor e a morte apostaron a ser fortes; o amor ben loitou, pero a morte venceu”.