07/03/2022

Non quites o disfrace, aínda queda 1 ano para bailar

O mesmo che organiza un Entroido, unha carreira popular, un concerto, unha formación, un campamento, unha capea… ou planifícache unha voda. O noso amigo chámase Raúl e, como adiviñarías, empeza agora a súa tempada de eventos. Non é un traballo doado: aluga e contrata espazos, vehículos, e material, coordina empresas, os seus servizos e persoal. A previsión, preparación e programación é tarefa que leva meses de organización.

Os autónomos, empresas organizadoras, axencias de publicidade ou institucións que planifican eventos necesitan medir meticulosamente os riscos e danos que poden provocar. Por iso, os seguros de Responsabilidade Civil para Eventos son obrigatorios. Ben o sabe Raúl que se dedica a isto, organiza calquera actividade que sexa colectiva e por experiencia sabe que os sucesos acontecen de xeito imprevisto.

Todos escoitamos noticias como que o concello de Málaga indemnizou a unha familia polo falecemento do fillo atropelado por unha carroza ou que, en Tenerife, á raíña do Carnaval se lle queimou o traxe ou hai pouco seis feridos nunha avalancha de persoas para acceder a unha sala de festas en Sant Cugat.

Sexas un empresario, un profesional autónomo ou mesmo un particular, seguramente que nalgunha ocasión tiveches que organizar un evento de todo tipo, unha excursión, unha conmemoración especial na túa casa, a festa da comunidade de veciños ou do teu barrio ou unha presentación do teu negocio.

Quen paga as indemnizacións?

Ante calquera problema responderemos co noso capital en caso de ser unha empresa organizadora ou o noso propio patrimonio en caso de que sexamos un particular ou autónomo.

Pensemos que como organizadores seremos os últimos responsables do que suceda, dende unha posible intoxicación alimentaria a algún accidente das persoas que participan ou que son espectadores, ou mesmo un roubo que se produza no gardarroupa.

A mellor prevención en todos os casos é ter un seguro completo para todas as posibles continxencias, mesmo as máis improbables. Ademais, este tipo de seguros para eventos, son de tan escasa duración que o seu prezo é moi baixo e permitirá que gocemos da tranquilidade de ter todo controlado, mesmo se se produce algún tipo de contratempo.