01/12/2021

O ano das luces

Contan os elfos que, ao rematar o ano, Papa Noel sobe ao ceo na súa zorra e observa o mundo. Dende arriba ve as persoas como un inmenso océano de luces. Cada un de nós brillamos diferente, non existen 2 chamas iguais. Unhas son pequenas e chispeantes, outras grandes e fogosas, algunhas flamexan co vento e outras destacan polas súas fermosas cores.

Xuntos iluminamos a vida. Na familia, no traballo, durante o tempo de ocio imos escribindo a nosa biografía. Atrévete a vivir cada día cunha intensidade que o converta en memorable.

Propóñoche esta receita para as próximas festas:

  • 2 cuncas de proxectos.
  • 1 botella de amizade.
  • Aliñar cun chorro de xenerosidade.
  • Sofritir con 3 litros de amor.

Despois, cocíñao no forno a lume lento e sírveo con xustiza e cariño.

No novo ano, cultiva a arte da prudencia anticipándote aos problemas. Dende a nosa “Correduría” acompañarémoste protexendo os teus soños.

Feliz Nadal!