09/06/2023

O camiño faise andando e… conducindo

Se viaxas ao estranxeiro en coche, furgoneta ou caravana, confirma que quen vaia conducir leve na carteira o carné en vigor e a documentación en orde. É dicir, o permiso de Circulación, a ITV, a Carta Verde e o seguro do Vehículo.

Lembra que os condutores con menos de 25 anos e 2 anos de carné adoitan estar condicionados nas pólizas do vehículo e se hai un accidente pode haber un problema. Consúltanos antes.

Antes de arrancar, lembra que non todos os seguros inclúen Asistencia na Viaxe (ou Estrada). Se a contrataches, recibirás asistencia por avaría, substitución de roda, guindastre, remolque, aloxamento, falta de combustible, chaves de reposto…

Pero se non a contratas e acontece un contratempo, tes un problema de moitos euros. Pola túa tranquilidade, consúltanos antes de moverte.

Categorías