01/10/2021

O condutor accidentado do coche autodirixido estaba vendo a Harry Potter

Aconteceu o 1 de xullo de 2016 en Estados Unidos. O primeiro coche autónomo do mundo percorrera, co piloto automático, 209 millóns de quilómetros sen unha rascadura. Ese día, o ex-marine Jossua Brown activou o piloto automático e púxose a ver unha película de Harry Potter. Esqueceulle a estrada e non viu entrar un tractor con remolque. O ceo brillante cegou os sensores do vehículo que non activaron os freos e… ZAS!

5 anos despois, Reino Unido anuncia que podería permitir a circulación de coches sen condutor polas súas estradas para este mesmo ano. En 2035 prevese que circularán 50 millóns de vehículos autodirixidos que reducirán os accidentes. A pesar de que… aínda hai un misterio sen resolver: un posible fallo do sistema provocado por piratas informáticos.