Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

O elixir da Saúde

A xuventude é o período da vida situado entre a infancia e a idade adulta. Co paso dos anos, o corpo desgástase, mentres madura a mente, que gaña lucidez e experiencia. Aprendes a buscar as cousas boas da vida, porque as malas chegan soas e sen avisar.

Unha simple gripe de decembro pódeche amarrar á cama durante varios días. Non irás ao traballo, non terás gana de ler e nin pensarás en saír a comprar o pan.

Como a mente é libre, recordarás o día que visitaches un familiar enfermo no hospital. Estaba nun edificio moi grande con moitos pacientes, e cada un deles con problemas diferentes.

Medita devagar... Na radio dixeron que 10 millóns de españois contan con algún tipo de seguro de saúde privado. Por algo será! Recomendan contratalo cando aínda es novo e estás san e poderías encontrar máis coberturas por menos prezo.

Se o probas, nunca o deixarás. Cando teñas fillos tamén os engadirás á túa póliza porque, ao seren tan pequenos, as citas co pediatra son obrigatorias. Despois, acostúmaste a elixir o especialista que queres, no centro que máis che gusta, sen listas de espera e con urxencias ultrarrápidas.

O paso dos anos demóstranos o valor do tempo. Tempo de traballo, tempo de familia, de ocio, de descanso, de poñerte ben…

Para comprender mellor o valor dun segundo, pregúntalle a calquera que sobrevivise a un accidente.

Para comprender o valor dun mes, pregúntalles a uns pais que tivesen un fillo prematuro.

E para comprender o valor dun día, pensa a longa espera que supón unha cita no especialista cando tes un problema de saúde e aínda non sabes cal é.

Son reflexións que nos deciden a contratar un seguro de saúde. E todo… por unha simple gripe.