Utilizamos cookies propias e de terceiros para facer uso e análise de medición do noso sitio web para mellorar os nosos servizos. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode cambiar a configuración ou obter máis información.

“O máis difícil de entender no mundo é o imposto sobre a renda”, Albert Einstein

Leo Mattersdorf preparaba as declaracións da renda de Albert Einstein mentres viviu en Estados Unidos. Durante unha cea, o xenio que descubriu a Teoría da Relatividade, comentoulle: “o máis difícil de entender no mundo é o imposto sobre a renda”.

Se el o vía complicado (na forma, non no fondo), como será a declaración do IRPF para as persoas que non herdamos o seu talento?

Completala correctamente implica poñer atención a moitos detalles. Lembra:

1.- O 2 de abril ábrese o prazo de presentación que rematará o 1 de xullo.

2.- Solicita o borrador o antes posible, pero revisa concienciudamente as deducións.

3.- Calcula como interesa facer a declaración, conxunta ou separada.

4.- Se fixeches os 65, tes máis vantaxes.

Seguros deducibles

Talvez non o saibas, pero hai uns cantos seguros que poden ser deducibles da túa declaración.

  • Os seguros de Vida e Fogar asociados á compra dunha vivenda.
  • Os seguros de Alugueiro. En determinadas Comunidades Autónomas a dedución pode chegar ata o 100%.
  • Os seguros de Saúde para traballador@s autónom@s ata un límite de 500 euros. Poden incluír o cónxuxe (ou parella) e fillos/fillas menores de 25 anos.
  • As achegas a Plans de Pensións.

Tamén se poden deducir as doazóns a fundacións ou ONG’s, as retribucións en especie (como tarxetas de restaurante) e as indemnizacións por despedimento improcedente, entre outros.

O noso consello: asesoramento profesional.