04/05/2022

O que conduce non bebe, o que bebe non conduce

“Teño coche, pero os meus amig@s non, aínda que facemos ‘rolda´ co meu. En cada desprazamento eliximos un compañeir@ que non beberá. É o responsable de conducir cando me sinto mal ou sobrevén o cansazo… En viaxes longas, facemos quendas. Isto é legal?” 

Resposta do teu “corredor” 

Claro que si sempre que o teu coche estea asegurado e coa ITV aprobada. A DXT (Dirección Xeral de Tráfico) admite o “condutor ocasional” (mellor el que outro con 3 copas). Se vas conducir un vehículo de forma frecuente e non é teu, é recomendable que te deas de alta como “condutor ocasional”. Ademais, debemos ter moi en conta a idade dos condutores, pois existen exclusións para menores de 25 anos, en cuxo caso terían que estar declarados na póliza. Ven ás nosas oficinas e revisámolo.