02/01/2023

“O que gastas na bicicleta afórralo en saúde”

Pode ser que este Nadal os Reis Magos lle traian ao teu fillo ou á túa filla unha bicicleta último modelo con casco, luces e reflectores, cadeado electrónico, retrovisor e ata un localizador GPS antirrroubo.

Un bonito obsequio saudable e ecolóxico. A bicicleta non necesita combustible. Canto máis se utiliza, máis se fortalece o teu corpo e a resistencia física. Pero… estarán seguros mentres a levan? E o teu peto…? Si, si, o teu peto.

Como transformar un regalo 10 nun regalo excelente?

En Vilafranca del Penedès unha adolescente de 17 anos circulaba en bicicleta a “toda pastilla”. Non freou no paso de peóns e levou por diante unha muller. A vítima resultou ferida e quedáronlle secuelas de deficiencia auditiva, vertixes e tivo que abandonar o seu deporte preferido, o fútbol.

Os pais da adolescente foron condenados a pagar 26.370 €, e ao NON ter un Seguro de Responsabilidade Civil, tivo que saír ese importe do seu peto; se o tivesen, a aseguradora pagaría o importe total.

Comprobaron tras a sentenza, ás malas, a importancia de contratar un Seguro para bicicletas e patinetes eléctricos por apenas un custo duns 40 euros que evita poñer en perigo a nosa economía polos accidentes con danos materiais ou lesións persoais que poidamos ocasionar os adultos ou os menores que levamos ese tipo de medios de transporte.

As cousas pásanlles a outros ata que che acontecen a ti

A nosa recomendación, asegura a TÚA responsabilidade civil como propietario e/ou usuario de bicicletas ou vehículos de mobilidade persoal ata 25 km/h (patinetes, segways, hoverboards, monociclos, etc.), pódese facer contratando mobilidade individual ou mobilidade familiar e móvete pola cidade sen medo ao que poida acontecer. Os profesionais do seguro coma nós, dispoñemos de ofertas que manexamos dende 35 €/ano.

Ensinanza moral: “Quen ben anda, ben acaba”.